TÉCNICO EN OPERACIÓNS SUBACUÁTICAS E HIPERBÁRICAS

Familia profesional

Marítimo-pesqueira.


Duración

2000 horas. Modalidade: presencial.


Competencia xeral (¿Qué se aprende a facer?)

Realizar traballos subacuáticos aplicando as distintas técnicas de inmersión e normas de seguridad, con aire, nitrox ou osíxeno ata 60 mca, manexando equipos, ferramentas e plantas de mergullo, mantendo en perfectas condiciones de utilización os equipos, as ferramentas e o material auxiliar. Efectua-las xestións administrativas procedentes.


Ocupación e postos de traballo máis relevantes


Requisitos de acceso xerais

Acceso Directo:
» Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. (ESO) ou equivalente.
» Ter superado o 2º curso de Bacharelato Unificado Polivalente (2º de BUP).
» Título de Técnico Auxiliar ou equivalente (FP1).
» Ter superado o 2º curso do Primeiro Ciclo Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso indirecto:
As persoas que non cumpran ningún dos requisitos académicos que permiten o acceso directo, poden solicitar a súa admisión ao ciclo despois de superar unha proba que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (“Proba de acceso”), á que se pode concorrer:
» Con 17 anos.
» Tendo superado un Programa de Garantía Social (actualmente Programas de Cualificación Profesional Inicial, PCPIs).
NOTA: Ambos tipos de acceso son incompatibles.


Requisitos de acceso específicos

» Ter 18 anos.
» Superar probas físicas (en terra e piscina), médicas, psicolóxicas e de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico (cámara hiperbárica).


Número de prazas

12 prazas.


Acceso a outros estudos

Bacharelatos.


Ensinanzas

PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:

– MP0758. Intervención hiperbárica con aire e nitrox. (346 h.)

– MP0759. Instalacións e equipos hiperbáricos. (240 h.)

– MP0763. Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias. (107 h.)

– MP0766. Formación e orientación laboral. (107 h.)

– MP0765. Manobra e propulsión. (160 h.)

SEGUNDO AÑO ACADÉMICO:

– MP0760. Reparacións e reflotamentos. (140 h.)

– MP0761. Corte e soldadura. (122 h.)

– MP0762. Construción e obra hidráulica. (140 h.)

– MP0764. Navegación. (105 h.)

– MP0767. Empresa e iniciativa emprendedora. (53 h.)

– MP1248. Inmersión desde campá húmida. (70 h.)

– MP0768. Formación en centros de traballo.  (410 h.)


Horario

» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.