TÉCNICO EN CULTIVOS ACUÍCOLAS

Familia profesional

Marítimo-pesqueira.


Duración

2000 horas. Modalidade: presencial.


Qué se aprende a facer?

Realizar as actividades destinadas á produción de especies acuícolas e o mantemento básico das instalacións, conseguindo a calidade operacional e cumprindo a normativa de aplicación, a ambiental e a de prevención de riscos laborais.


En qué ámbitos se traballa?


Qué ocupacións se desempeñan?

Traballador de cultivos de fitoplancto e zooplancto, crustáceos, peixes de engorde en augas de mar e continentais, moluscos no medio natural, en estruturas flotantes ou somerxidas e en parque, en reprodución de crustáceos e peixes en augas mariñas e continentais, en cultivo larvario de moluscos, crustáceos e peixes en augas mariñas; reparador e mantedor de edificios e estruturas de cultivo e de circuítos de fluídos en instalacións acuícolas; instalador, reparador e mantedor de sistemas de cultivo de peixes, moluscos e crustáceos; reparador, mantedor e axustador de equipamentos de climatización, produción de calor e frío, filtración, alimentadores, bombeamento, dosificación e tratamento de fluídos en instalacións acuícolas; encargado/a de taller en instalacións acuícolas, xefe/a de equipo de instaladores/as, axustadores/oras, reparadores/oras e mantedores/oras en instalacións acuícolas.


Requisitos de acceso xerais

Acceso directo:
» Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. (ESO) ou equivalente.
» Ter superado o 2º curso de Bacharelato Unificado Polivalente (2º de BUP).
» Título de Técnico Auxiliar ou equivalente (FP1).
» Ter superado o 2º curso do Primeiro Ciclo Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso por PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial)
Acceso mediante proba


Número de prazas

20 prazas.


Acceso a outros estudos

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.


Ensinanzas

PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:
» Instalacións e equipamentos de cultivo (240 horas).
» Técnicas de cultivos auxiliares (187 horas).
» Técnicas de engorde de moluscos (213 horas).
» Técnicas de engorde de peixes (213 horas).
» Formación e orientación laboral (107 horas).

SEGUNDO ANO ACADÉMICO
» Técnicas de criadeiro de moluscos (192 horas).
» Técnicas de criadeiro de peixes (192 horas).
» Técnicas de cultivo de crustáceos (193 horas).
» Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas).
» Formación en centros de traballo (410 horas).


Horario

» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.