TÉCNICO SUPERIOR EN ACUICULTURA

Familia profesional

Marítimo-pesqueira.


Duración

2000 horas. Modalidade: presencial.


Qué se aprende a facer?

Planificar, organizar e supervisar as actividades de produción acuícola, coordinando os recursos dispoñibles para conseguir a calidade requirida do produto, cumprindo a normativa aplicable.


En qué ámbitos se traballa?


Qué ocupacións se desempeñan?

Responsable técnico do cultivo larvario de peixes e da repodución de peixes de auga de mar e continental, da reprodución e do cultivo larvario de moluscos e crustáceos, de preengorde e engorde de moluscos, crustáceos e de peixes de auga de mar e continental; técnico ambiental para a acuicultura; técnico en patoloxías en acuicultura, en industrias de derivados e elaboración da pesca e da acuicultura, empresas, buques factoría e lonxas, en laboratorio de control de calidade de produtos da pesca; responsable técnico/a en acuariofilia; deseñador/ora e montador/ora de espazos de exhibición en acuariofilia.



Requisitos de acceso xerais

Acceso Directo:
» Título de Bacharelato.
» Título de Técnico Especialista (FP de 2º Grao).
» Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
» Ter superado calquera Bacharelato Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso indirecto:
As persoas que non cumpran ningún dos requisitos académicos que permiten o acceso directo, poden solicitar a súa admisión ao ciclo despois de superar unha proba que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (“Proba de acceso”), á que se pode concorrer:
» Con 19 anos.
» Con 18 anos, tendo o título de Técnico de Grao Medio e querendo acceder a un ciclo da mesma familia profesional.
NOTA: Ambos tipos de acceso son incompatibles.


Número de prazas

40 prazas (2 grupos de 20).


Acceso a outros estudos

Acceso de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.


Ensinanzas

PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:
» Técnicas e xestión da produción de cultivos auxiliares (187 horas).
» Técnicas e xestión da produción de peixes (267 horas).
» Técnicas e xestión da produción de moluscos (292 horas).
» Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura (107 horas).
» Formación e orientación laboral (107 horas).

SEGUNDO ANO ACADÉMICO:
» Técnicas e xestión da produción de crustáceos (175 horas).
» Instalacións, innovación e sistemas de automatización en acuicultura (192 horas).
» Xestión ambiental dos procesos acuícolas (70 horas).
» Acuarofilia (140 horas).
» Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas).
» Proxecto de implantación dun centro de produción acuícola (26 horas).
» Formación en centros de traballo (384 horas).


Horario

» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.