Grupos


Calendario

<abril de 2020>
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
07/02/2020

O LOBO MARIÑO SILBUR RECUPÉRASE NO IGAFA

 

        A partir do 7 de febreiro, o IGAFA acolle a un exemplar de lobo mariño cincento para proseguir a súa recuperación ata poder ser devolto ao medio natural en augas irlandesas do Gran Sol.

Apareceu na costa burelense da Mariña lucense, o día 21 de xaneiro. Tratábase dun exemplar macho de 110 cm de lonxitude e 27 kg de peso que se negaba a ir ao mar, ao que se lle deu o nome de SILBUR.

Presentaba síntomas de deshidratación e traumatismos, polo que foi trasladado para o ingreso na UCI de Nigrán.

Rematada a primeira fase da recuperación, foi trasladado ao noso centro, onde tanto o persoal docente como non docente e, sobre todo, o alumnado participa activamente na súa recuperación.