Grupos


Calendario

<outubro de 2019>
lunsmarmérxovvensábdom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
05/02/2019

O LOBO MARIÑO BARIZO CHEGA AO IGAFA PARA CONTINUAR A SÚA RECUPERACIÓN

O mércores 6 de febreiro, os técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños de Galicia (CEMMA) traerán ao IGAFA, para iniciar a súa segunda fase de recuperación antes de ser devolta ao medio natural en augas de Irlanda, á cría de lobo mariño de nome Barizo.

Barizo apareceu en Malpica a principios de xaneiro, con afección pulmonar grave e desnutrición, pero grazas aos coidados recibidos na UCI da CEMMA en Nigrán, logrou acadar unhas condicións de saúde e peso que lle permiten iniciar a segunda fase desa recuperación, que desde o ano 2013 vense realizando en dependencias do IGAFA, coa colaboración do persoal e do alumnado do centro.

Como preparación para asumir as tarefas de recuperación, o alumnado recibirá pola tarde unha charla informativa a cargo do biólogo Alfredo López.