Grupos


Calendario

<febreiro de 2019>
lunsmarmérxovvensábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728
03/12/2018

Conmemoración do día Mundial da Acuicultura

O día internacional da acuicultura ten asignado o 30 de novembro como data da súa celebración. No IGAFA conmemoramos este ano o día da acuicultura durante todo o mes de novembro, que foi moi intenso na promoción da actividade acuícola e do centro, xa que houbo multitude de visitas tanto técnicas como de estudantes que veñen a coñecer o que é a acuicultura e o mergullo.

  • Organizado polo CETMAR tivemos dúas visitas de delegacións de técnicos en pesca e acuicultura de O Salvador e de Perú, interesados pola formación impartida no centro e especialmente polo cultivo de bivalvos.

  • Proxecto BlueEdu, relativo ao análise e deseño dos certificados profesionais de acuicultura, no ámbito da UE. Participaron representantes de Italia, Escocia, Noruega e por Galiza, o IGAFA.

  • Estudantes do Grao de Nutrición e dietética acompañados pola doutora da área de Tecnoloxía dos alimentos do campus de Lugo.

  • A empresa Corticata que colabora co GALP de Pontevedra, trouxo en diferentes días a uns 500 estudantes de ESO e Bacharelato, visita para orientarse no relativo ao que queren seguir estudando.