05/06/2018
O IGAFA INCORPORA Á TARTARUGA MARIÑA ANTARES PARA CONTINUAR A SÚA RECUPERACIÓN
A partir do mércores, 6 de xuño, unha das piscinas exteriores do centro acollerá á tartaruga mariña Antares para completar o seu proceso de recuperación antes de ser devolta ao medio natural.
Trátase dunha nova colaboración coa Rede de Varamentos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA) de Galicia.
Máis información en Descargas.