Os días 25 e 26 de abril celebramos dúas xornadas de portas abertas para que todas as persoas interesadas podan visitar as nosas instalacións e recibir información sobre a formación que ofrecemos.
As visitas guiadas serán ás 11:00 horas.
O día 25, o alumnado do ciclo superior de acuicultura terá actividades conxuntas con alumnos tamén de acuicultura do Lycée Bourcefranc Le Chapus (Francia).
O día 26, inauguramos a exposicón "Macroalgas das costas de Galicia" e presentaremos a Xornada que sobre as algas e os seus usos temos previsto celebrar o día 30 de maio.