BASES DA CONVOCATORIA:
1. Convócase concurso de deseño conmemorativo do 25 aniversario do IGAFA.
2. O deseño é para impresión en modelo de sudadeira de cor gris.
3. O deseño é libre, pero deberá facer referencia tanto á acuicultura como ao mergullo, e incluirá un dos tres (3) lemas seguintes: "IGAFA. 25 ANOS", "IGAFA. 25 ANOS. 1992-2017","IGAFA. 1992-2017".
4. Poderá participar calquera alumno ou alumna que estea actualmente cursando estudos de formación regrada (ciclos formativos) no centro.
2. Cada participante poderá presentar a concurso un máximo de dous (2) deseños, en formato dixital, que entregará á Xefatura de estudos do centro ou enviándoas ao enderezo de correo igafa@xunta.gal.
3. O prazo de presentación de deseños a concurso iniciarase o venres día 11 de novembro e rematará o mércores 23 de novembro ás 14:30 horas.
4. Os deseños a concurso imprimiranse e exporanse ao público a partir do luns día 27 de novembro.
5. Outorgaranse un único premio ao deseño elixido por votación do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IGAFA.
6º. A votación realizarase o día 28 de novembro de 11:00 a 12:00 horas.
7º. Formarase un tribunal, integrado por dous membros do profesorado e un/unha representante do alumnado, que contabilizará os votos e publicará os resultados.