Grupos


Calendario

<decembro de 2017>
lunsmarmérxovvensábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
09/11/2017

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES DA CONVOCATORIA:

 

1. Poderá participar calquera alumno ou alumna que estea actualmente cursando estudos de formación regrada (ciclos formativos) no centro.

 

2. Cada participante poderá presentar a concurso un máximo de tres (3) fotografías, en formato dixital, que entregará á Vicedirección do centro ou enviándoas ao enderezo de correo igafa@xunta.gal.

 

3. O prazo de presentación de fotografías a concurso iniciarase o venres día 11 de novembro e rematará o mércores 23 de novembro ás 14:30 horas.

 

4. As fotografías a concurso, que se axustarán á temática de "o mundo acuático", imprimiranse e exporanse ao público a partir do luns día 27 de novembro.

 

5. Outorgaranse un 1º, un 2º e un 3º premios ás tres mellores fotografías, que serán elexidas por votación do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IGAFA.

 

6º. A votación realizarase o día 28 de novembro de 11:00 a 12:00 horas.

 

7º. Formarase un tribunal, integrado por dous membros do profesorado e un/unha representante do alumnado, que contabilizará os votos e publicará os resultados.

 

8º. As dez (10) mellores fotografías, segundo o resultado da votación, colgaranse na páxina web do IGAFA.

 

 

9. Os membros dos outros colectivos do IGAFA que non sexan do alumnado, poderán presentar ata un máximo de tres (3) fotografías fóra de concurso para a súa exposición pública.