Grupos


Calendario

<decembro de 2017>
lunsmarmérxovvensábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
27/11/2017

ACTIVIDADES E ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO IGAFA

Entre os días 27 de novembro e 1 de decembro de 2017, teremos os actos principais de celebración do 25 aniversario do IGAFA.

1. O luns, día 27, exporanse as fotografías e os logos presentadas polo alumnado aos concuros: 2ª edición do concurso de fotografía "O mundo acuático" e concurso de logo conmemorativo dos 25 anos do centro.

2. O martes, día 28, realizarase a votación para adxudicar os premios de ámbolos dous concursos.

3. O mércores, día 29, presentaranse as exposicións:

PANEIS DE CONMEMORACIÓN DO 25 ANIVERSARIO.

ORLAS DE ALUMNADO (1995-2017).

O IGAFA NA PRENSA ESCRITA: SELECCIÓN DE ARTIGOS.

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS CO IGAFA.

MATERIAIS FORMATIVOS DE ACUICULTURA E MERGULLO.

MAPA "IGAFAS POLO MUNDO"

4. O xoves, día 30, de 12:00 a 14:00 horas: Mesa redonda sobre "As orixess do IGAFA e a incorporación das ensinanzas de mergullo", coa participación de Miguel Cuña (primeiro director do centro), Ricardo Figueiro (un dos primeiros profesores), Cristina García (técnica de planta de cultivos nos inicios do centro), Emilio Cid (alumno da primeira promoción de estudantes) e Enrique González Figueroa (profesor de mergullo na época de incorporación desta ensinanzas ao centro).

5. O venres, día 1 de decembro: Actos de Conmemoración do 25 aniversario, coa presenza da Conselleira do Mar e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Comenzarán ás 10:00 horas e se prolongarán ata as 13:30 horas, incluíndo presentación, conferencia de Pilar Aguirre sobre a xestación do centro, presentación do libro "IGAFA: 25 anos de historia", entrega de premios dos concursos de fotografía e logo conmemorativo e degustación gastronómica de produtos de acuicultura a cargo do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.

O IGAFA estará encantado de contar coa asistencia de antigos alumnos e antigas alumnas, así como de todas as persoas que traballaron nas súas dependencias dende a súa inauguración no ano 1992.