Os seis alumnos de acuicultura solicitantes para realizar a súa formación en centros de traballo (FCT) no estranxeiro, beneficiaranse das axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece ao noso alumnado a través do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.
Os alumnos Jorge Robinal e Ánxela María González realizarán a FCT na empresa Necton (Algarve, Portugal), Ana Fernández e Luis Manuel Oubiña no CCMAR da Universidade do Algarve (Portugal), Marcos Pérez no Sea Life London (Gran Bretaña) e Erika González no Institute of Marine Research (Noruega).