En data de 24 de abril de 2018, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, dona María del Carmen Silva, e a Conselleira do Mar, dona Rosa Quintana, veñen de asinar o Convenio de colaboración para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.
Grazas á aportación económica da Deputación Provincial, varios alumnos dos ciclos de acuicultura poderán realizar a súa formación en centros de traballo no estranxeiro.
Dende o ano 1999, e de forma ininterrompida, a Consellería do
Mar e a Deputación
Provincial de Pontevedra veñen establecendo un convenio de
colaboración para a
dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro
para o alumnado dos
ciclos formativos do Instituto Galego de Formación en
Acuicultura (IGAFA) da Illa de
Arousa.
Grazas a dito convenio, en cada curso escolar puideron
desenvolver as súas
actividades formativas correspondentes ao módulo de
Formación en Centros de
Traballo (FCT) en empresas e institucións europeas entre 5 e 7
alumnos e alumnas,
en todos os casos estudantes dos ciclos formativos de
acuicultura.
O IGAFA valora moi positivamente a estancia do seu alumnado
en distintas
institucións e empresas do estranxeiro, xa que lles permite
traballar con especies
pouco ou nada desenvolvidas en Galicia e en España, manexar
tecnoloxía ou
sistemas de traballo e produción diferentes e, ademais,
contribúe a mellorar as súas
capacidades lingüísticas noutros idiomas.
Tamén dende o momento no que se estableceu o primeiro
convenio de colaboración
entre a Consellería do Mar e a Deputación de Pontevedra para
permitir realizar a
formación do alumnado en destacados centros de investigación
e produción en
acuicultura noutros países, acadouse neles un maior
coñecemento e recoñecemento
da formación acuícola galega.
O alto interese que a acuicultura ten en Galicia en xeral e na
provincia de Pontevedra
en particular xustifica a posibilidade de ofrecer ao alumnado do
IGAFA experiencias
de coñecemento da acuicultura desenvolvida noutros países do
contorno europeo,
contribuíndo a que o IGAFA forme técnicos moi cualificados e
potencie o seu
prestixio institucional, recoñecido explicitamente co seu
nomeamento no ano 2010
como Centro de Referencia Nacional en Acuicultura e Mergullo.
O grao de satisfacción do IGAFA polo goce dos beneficios deste
convenio e da súa
xestión durante todo o longo período iniciado en 1999, é o
máximo posible, xa que
en ningún momento se presentaron problemas na súa
aplicación.
Os excelentes resultados acadados como consecuencia da
colaboración entre a
Deputación e o IGAFA, poderán continuarse neste ano 2018
grazas á renovación do
convenio.