O lobo mariño Luceiro atópase dende hoxe nunha piscina exterior do IGAFA, para iniciar a súa última fase de recuperación antes de voltar ao medio natural en augas de Irlanda.
A súa lchegada foi aproveitada para que os técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA) impartiran unha charla sobre a recuperación destes animais.
Durante a súa estancia no noso centro, o alumnado e persoal voluntario encargarase dos labores de alimentación e seguimento da súa evolución, seguindo as directrices establecidas polos especialistas da CEMMA.
A prensa recolleu a súa chegada en:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/02/09/lucero-recupera-illa/1620194.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/a-illa-de-arousa/2017/02/09/luceiro-llega-illa/00031486644219606438606.htm