Grupos


Calendario

<outubro de 2017>
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
08/02/2017

O IGAFA ACOLLERÁ Á FOCA LUCEIRO PARA A SÚA RECUPERACIÓN

Como en anteriores ocasións, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) colabora coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na recuperación dunha cría de lobo mariño coa finalidade de reincorporala ao medio natural.

Trátase de LUCEIRO, unha cría de foca macho que apareceu enmallada nas redes dun pesqueiro de Cedeira do que toma o nome. Medía 100 cm de lonxitude e pesaba 22 kg., atopándose en mal estado.

A Unidade Móbil da Rede de Varamentos de Galicia, xestionada pola CEMMA, recolleu ao exemplar e trasladouno á UCI que a Coordinadora ten en Nigrán, onde foi atendido das diversas feridas e lesións causadas polo propio aparello no que quedara atrapado.

Despois de superar esta primeira fase de recuperación, Luceiro pasa a disfrutar dunha ampla piscina nas instalacións do IGAFA, para poder gañar o peso e musculación que permitan que sexa embarcado para a súa liberación no mar en augas do Gran Sol.

Estímase que Luceiro permanecerá no IGAFA entre tres e catro semanas, baixo a asistencia e coidado dos técnicos da CEMMA, contando coa participación voluntaria do alumnado e demáis persoal do centro.

O centro de formación isleño recibirá a Luceiro o vindeiro xoves día 9 de febreiro, e aproveitará esta actividade para formar ao seu alumnado en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños e a concienciación medioambiental.

Ademáis de participar activamente no proceso de recuperación da foca, o alumnado recibirá unha charla sobre o tema impartida polo técnico da CEMMA Alfredo López e contará cunha exposición sobre mamíferos mariños en Galicia durante a estadía de Luceiro no centro.

A charla leva por título “A recuperación de mamíferos mariños. Os lobos mariños”, e terá lugar entre as 10:40 e as 11:30 horas.