Grupos


Calendario

<xuño de 2017>
lunsmarmérxovvensabdom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
17/01/17

VISITA DIDÁCTICA AO CENTRO ICTIOXÉNICO DE CARBALLEDO

 

O vindeiro martes, día 17 de xaneiro, o alumnado de primeiro ano do Ciclo Superior de Acuicultura e do segundo ano del Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas realizará unha visita didáctica ao Centro Ictioxénico de Carballedo (Pontevedra), como formación complementaria dos módulos de Técnicas de produción de peixes, Técnicas de criadeiro de peixes e Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura Irán acompañados polo profesor Bernardo Fernández e a profesora Isabel Paz.

O Centro Ictioxénico de Carballedo é unha institución destinada á recuperación do salmón atlántico (Salmo salar) xestionado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, onde se realiza toda unha serie de traballos que teñen como finalidade o estudo e a conservación do salmón atlántico nos ríos galegos. Tamén se realizan traballos de estudo e conservación da troita autóctona e do reo.