Grupos


Calendario

<maio de 2017>
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
12/01/17

TALLER SOBRE ASPECTOS FORMATIVOS DA ACUICULTURA. MADRID.

O xoves 12 de xaneiro, o profesor de cutivos acuícolas e vicedirector do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa, José Luis Rodríguez Villanueva, participará no "Taller sobre Aspectos Formativos de la Acuicultura" que se celebrará en Madrid, na Secretaría General de Pesca, organizado polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a Fundación Biodiversidad e o Observatorio Español de Acuicultura.

O obxecto do taller é actualizar a información sobre os aspectos relacionados cos programas formativos existentes e buscar sinerxias entre os distintos axentes diante das necesidades que existan entre o sector educativo e o empresarial, en relación coa potencialización do traballo en rede e o intercambio de experiencias e boas prácticas.

Ó profesor do IGAFA intervirá na segunda sesión do taller, que versa sobre o Traballo en Rede, cunha exposición titulada "Centro de formación: ejemplos y nuevos retos" na que falará da experiencia formativa do IGAFA desde a súa fundación, a evolución das ensinanzas regradas e non regradas ao longo dos case 25 anos de existencia do centro e os retos de futuro da formación en acuicultura.

Máis información: http://www.observatorio-acuicultura.es/comunicacion/agenda/taller-sobre-aspectos-formativos-en-acuicultura