BASES DA CONVOCATORIA:
1. Poderá participar calquera alumno ou alumna que estea actualmente cursando estudos de formación regrada (ciclos formativos) no centro.
2. Cada participante poderá presentar a concurso un máximo de tres (3) fotografías, en formato dixital, que entregará á Vicedirección do centro ou enviándoas ao enderezo de correo igafa@xunta.gal.
3. O prazo de presentación de fotografías a concurso iniciarase o luns día 14 de novembro e rematará o venres 25 de novembro ás 14:30 horas.
4. As fotografías a concurso, que se axustarán á temática de "o mundo acuático", imprimiranse e exporanse ao público a partir do luns día 28 de novembro.
5. Constituirase un xurado formado por representantes dos distintos colectivos do centro, que será o encargado de seleccionar as dez (10) mellores fotografías, que se colgarán na páxina web do IGAFA. De entre elas, o xurado outorgará un 1º, un 2º e un 3º premio ás tres mellores.
6. Os membros dos outros colectivos do IGAFA que non sexan do alumnado, poderán presentar ata un máximo de tres (3) fotografías fóra de concurso para a súa exposición pública.