Grupos


Calendario

<xuño de 2023>
lunsmar.mér.xov.ven.sáb.dom.
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Novas destacadas

PRESENTACIÓN CURSO ESCOLAR 2021-2022

10/09/2021  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Presentación do novo curso escolar 2021-2022 o mértcores 15 de setembro.

Ampliar nova

INCORPORACIÓN DOS BOLSEIROS DE MINICRIADEIROS

01/09/2021  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Incorporaronse as persoas beneficiarias das bolsas de formación baixo a empresa tutelada.

Ampliar nova

PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID-19, CURSO 2020-2021

13/11/2020  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Este documento engloba varios apartados.

- Organización do centro, é o documento central.

- Anexos, que abordan diferentes aspectos, os mais salientables son, o protocolo prevención de Covid e o plan de continxencia.

 

Ampliar nova

PREMIO EXTRAORDINARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, GRAO SUPERIOR DE ACUICULTURA

09/11/2020  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, concedeu os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior (Orden 2 de noviembre de 2020. DOG nº 227).

Ampliar nova

ACCIÓNS FORMATIVAS-DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

05/10/2020  -  Grupo de novas: Cursos

O IGAFA quere colaborar dando información sobre accións formativas con bolsas para desprazamento.

 

Ampliar nova

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

17/02/2020  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IGAFA organiza o venres día 21 de febreiro un concerto de Clara Pino e Pablo Vidal. Será ás 12:00 horas, no Salón de Actos.

O cartel conmemorativo deste ano, foi elaborado polo ilustrador Alfredo López Fernández "Tokio".

Ampliar nova

SOLTA DE LUMBRIGANTES PARA A REPOBOACIÓN NA RESERVA MARIÑA DE LIRA (CARNOTA)

13/02/2020  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

 

O alumnado do IGAFA do módulo de Cultivo de Crustáceos dos ciclos de Acuicultura, realizou a solta de 500 exemplares xuvenís de lumbrigante na Reserva Mariña de Lira (Carnota), o que recolle La Voz de Galicia en:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/carnota/2020/02/13/mar-solto-500-lumbrigantes-carnota-aumentar-poblacion/00031581598093385770222.htm

Ampliar nova

O LOBO MARIÑO SILBUR RECUPÉRASE NO IGAFA

07/02/2020  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

 

A partir do 7 de febreiro, o IGAFA acolle a un exemplar de lobo mariño cincento para proseguir a súa recuperación ata poder ser devolto ao medio natural en augas irlandesas do Gran Sol.

Apareceu na costa burelense da Mariña lucense, o día 21 de xaneiro. Tratábase dun exemplar macho de 110 cm de lonxitude e 27 kg de peso que se negaba a ir ao mar, ao que se lle deu o nome de SILBUR.

Presentaba síntomas de deshidratación e traumatismos, polo que foi trasladado para o ingreso na UCI de Nigrán.

Rematada a primeira fase da recuperación, foi trasladado ao noso centro, onde tanto o persoal docente como non docente e, sobre todo, o alumnado participa activamente na súa recuperación.

 

Ampliar nova

O IGAFA EN ANTENA 3

11/11/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O Proxecto DESCUBRE LA FP, da Fundación ATRESMEDIA, en colaboración coa Fundación Mapfre, inclúe unha reportaxe sobre o ciclo formativo de grao medio en Cultivos Acuícuolas impartido no IGAFA.

Pode verse no enlace

https://www.descubrelafp.org/ciclos-formativos/tecnico-en-cultivos-acuicolas_201911045dbffce30cf2e8dc519358cd.html

Ampliar nova

O IGAFA EN "LA 2" DE TVE

16/10/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O día 16 de outubro, o programa de información socio-laboral "Aquí hay trabajo" de TVE2 inclúe unha ampla reportaxe sobre o IGAFA e o seu papel como Centro de Referencia Nacional tanto para a formación en acuicultura como en mergullo.

Ir a http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/aqui-hay-trabajo/aqui-hay-trabajo-16-10-19/5411376/

 

Ampliar nova

XORNADA SOBRE A ACUICULTURA NO ECUADOR

04/10/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Profesores da "Escuela de Acuicultura y Pesquerías" da Universidad Técnica de Manabí (Ecuador), impartirán no IGAFA as seguintes conferencias:

1. Juan Carlos Vélez Chica: Situación actual y perspectivas para el futuro de la acuicultura en Ecuador.

2. César Lodeiros: Cultivo de moluscos bivalvos en el Pacífico tropical americano: foco Ecuador.

3. Jorge Sonnenholzner. Avances en el cutivo de equinodermos (erizos y pepinos de mar) en Iberoamérica: foco Ecuador.

Ampliar nova

O IGAFA, CRN EN ACUICULTURA E MERGULLO

02/10/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O "Real Decreto 525/2019, de 13 de septiembre, califica como Centro de Referencia Nacional al Instituto Galego de Formación en Acuicultura, en el área profesional de Acuicultura y en el área profesional de Buceo, de la familia profesional Marítimo Pesquera, en el ámbito de la formación profesional".

Como CRN estableceuse un Convenio entre o Servicio Público de Empleo Estatal, o Ministerio de Educación y Formación Profesional e a Comunidade Autónoma de Galicia, suscrito con data 18 de xuño de 2019, o citado convenio ven como anexo  neste RD.

Ampliar nova

CONVENIO COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DO MAR

15/04/2019  -  Grupo de novas: Axudas económicas

Convenio de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica e bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.

No presente mes asinouse o convenio que dota de axudas económicas ao noso alumnado para realizar as súas  prácticas en empresas de Reino Unido, Bélxica e Exipto, no periodo de marzo a xuño de 2019.

Ampliar nova

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

18/02/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O EDLG do centro estivo traballando nas actividades de conmemoración do día de Rosalía de Castro, que vaise a celebrar o día 25 de febreiro.  

As actividades desenvolvidas son:

- Cartelería.

- Mapa de galegofonía.

- Deseño do logo do EDLG do centro.

Ampliar nova

O LOBO MARIÑO BARIZO CHEGA AO IGAFA PARA CONTINUAR A SÚA RECUPERACIÓN

05/02/2019  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O mércores 6 de febreiro, os técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños de Galicia (CEMMA) traerán ao IGAFA, para iniciar a súa segunda fase de recuperación antes de ser devolta ao medio natural en augas de Irlanda, á cría de lobo mariño de nome Barizo.

Barizo apareceu en Malpica a principios de xaneiro, con afección pulmonar grave e desnutrición, pero grazas aos coidados recibidos na UCI da CEMMA en Nigrán, logrou acadar unhas condicións de saúde e peso que lle permiten iniciar a segunda fase desa recuperación, que desde o ano 2013 vense realizando en dependencias do IGAFA, coa colaboración do persoal e do alumnado do centro.

Como preparación para asumir as tarefas de recuperación, o alumnado recibirá pola tarde unha charla informativa a cargo do biólogo Alfredo López.

Ampliar nova

CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ACUICULTURA

03/12/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

No centro celebrouse o día mundial da Acuicultura durante todo o mes de novembro, asistinto a diferentes institucións nacionais e internacionais, con interese de cultivos específicos, e a estudantes que viñeron a coñecer o que facemos no centro e as certificacións profesionais na acuicultura.

Ampliar nova

VISITA AO IGAFA DE MARISCADORAS E REDEIRAS

08/06/2018  -  Grupo de novas: Visitas ao IGaFA

O venres, 8 de xuño de 2018, o centro recibe a máis de 60 traballadoras do mar, nunha visita organizada polo Programa Candieira (Rede de apoio e promoción das mulleres do mar).

Ampliar nova

O IGAFA INCORPORA Á TARTARUGA MARIÑA ANTARES PARA CONTINUAR A SÚA RECUPERACIÓN

05/06/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

A partir do mércores, 6 de xuño, unha das piscinas exteriores do centro acollerá á tartaruga mariña Antares para completar o seu proceso de recuperación antes de ser devolta ao medio natural.

Ampliar nova

XORNADA "AS ALGAS E OS SEUS USOS"

30/05/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O mércores 30 de maio celebraremos unha Xornada divulgativa sobre "As algas e os seus usos", segundo o programa que se pode baixar en Descargas.

A Xornada está aberta á asistencia de persoas interesadas externas ao centro.

Ampliar nova

LETRAS GALEGAS 2018

17/05/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O IGAFA conta con cartel propio para a celebración das Letras Galegas 2018, eleborado polo alumno do ciclo superior de acuicultura Julián Miranda.

Ampliar nova

ALUMNADO BENEFICIARIO DAS BOLSAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DA FCT NO ESTRANXEIRO

26/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Os seis alumnos de acuicultura solicitantes para realizar a súa formación en centros de traballo (FCT) no estranxeiro, beneficiaranse das axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece ao noso alumnado a través do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.

Os alumnos Jorge Robinal e Ánxela María González realizarán a FCT na empresa Necton (Algarve, Portugal), Ana Fernández e Luis Manuel Oubiña no CCMAR da Universidade do Algarve (Portugal), Marcos Pérez no Sea Life London (Gran Bretaña) e Erika González no Institute of Marine Research (Noruega).

Ampliar nova

EXPOSICIÓN "MACROALGAS DAS COSTAS DE GALICIA"

26/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Entre os días 26 de abril e 30 de maIo de 2018, exponse no centro a colección propia de 79 especies diferentes de macroalgas das costas de Galicia.

Trátase de macroalgas prensadas procedentes do traballo de recollida realizado pola antiga escola de mergullo con sede en Vigo, ampliadas coas aportacións de Javier Cremades, da Universidade da Coruña, que se encargou da súa clasificación.

Ampliar nova

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA BOLSAS DE FCT NO ESTRANXEIRO

25/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

En data de 24 de abril de 2018, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, dona María del Carmen Silva, e a Conselleira do Mar, dona Rosa Quintana, veñen de asinar o Convenio de colaboración para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.

Grazas á aportación económica da Deputación Provincial, varios alumnos dos ciclos de acuicultura poderán realizar a súa formación en centros de traballo no estranxeiro.

Ampliar nova

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

25/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Os días 25 e 26 de abril celebramos dúas xornadas de portas abertas para que todas as persoas interesadas podan visitar as nosas instalacións e recibir información sobre a formación que ofrecemos.

As visitas guiadas serán ás 11:00 horas.

O día 25, o alumnado do ciclo superior de acuicultura terá actividades conxuntas con alumnos tamén de acuicultura do Lycée Bourcefranc Le Chapus (Francia).

O día 26, inauguramos a exposicón "Macroalgas das costas de Galicia" e presentaremos a Xornada que sobre as algas e os seus usos temos previsto celebrar o día 30 de maio.

Ampliar nova

RECUPERACIÓN DE LOBOS MARIÑOS

23/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O IGAFA mantén a estreita colaboración coa Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA) de Galicia, na recuperación das crías de lobos mariños que chegan ás nosas costas na tempada invernal. O persoal do centro e o alumnado participan de forma voluntaria neste proxecto de recupración, que ten como obxectivo último poder reincorporarlas ao medio natural en augas de Irlanda.

Este ano tivemos dous exemplares en recuperación: Luisiño de Muxía (LUIMUX) e Guardesiña, que continua nas nosas instalacións.

Ampliar nova

VISITA DIDÁCTICA AO AQUARIUM FINISTERRAE (A CORUÑA)

23/04/2018  -  Grupo de novas: Visitas didácticas

O alumnado de primeiro ano dos ciclos de grao medio de acuicultura e mergullo visitarán o Aquarium Finisterrae da Coruña, onde disfrutarán dunha visita técnica ás súas instalacións. 

Ampliar nova

PRÓXIMAS VISITAS AO CENTRO

18/04/2018  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

8 de abril de 2018: alumnado do IES República Oriental do Uruguai (Vigo ) e dun instituto de Forli (Italia)

25 de abril de 2018: alumnado de acuicultura do Lycée Bourcefranc Les Chapus (Francia)

27 de abril de 2018: alumnado de Grao de Ciencias del Mar (materia de acuicultura) da Universidade de Vigo.

Ampliar nova

ACTIVIDADES E ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO IGAFA

27/11/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Entre os días 27 de novembro e 1 de decembro de 2017, teremos os actos principais de celebración do 25 aniversario do IGAFA.

Ampliar nova

CONCURSO DE DESEÑO 25 ANIVERSARIO

09/11/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Convócase concurso de deseño conmemorativo do 25 aniversario do IGAFA.

 

Ampliar nova

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

09/11/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Convócase o 2º concurso de fotografía "O mundo acuático", destinado ao alumnado do IGAFA. Os premios entregaranse o día 1 de decembro, durante os actos principais de celebración dos 25 anos do centro.

Ampliar nova

COOPERACIÓN INTERNACIONAL EN COLOMBIA

08/09/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Técnicas do Centro Tecnolóxico do Mar –Fundación CETMAR- e Maica Andrés, profesora e Xefa de Estudios do  Instituto Galego de Formación en Acuicultura –IGAFA-, desprázanse a Colombia para desenvolver o programa formativo previsto do 4 ao 8 de setembro e que permitirá a capacitación de profesionais, produtores locais e comunidade vinculados á produción do recurso piangua.

Máis información en http://www.cetmar.org/2017/09/expertas-do-cetmar-e-o-igafa-viaxan-o-pacifico-narinense-para-o-desenvolvemento-dun-programa-formativo-que-busca-o-fortalecemento-da-produccion-sostible-da-piangua-en-tumaco/

Ampliar nova

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

26/04/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Os días 26 e 27 de abril de 2017, o centro celebrará xornadas de portas abertas. Todas as persoas interesesadas poderán coñecer as instalacións do IGAFA en visitas guiadas que terán lugar ás 11.00 horas de cada un dos días.

Ampliar nova

MACROLIMPEZA DO CARREIRÓN

04/04/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Na tarde do martes día 4 de abril, alumnado voluntario do IGAFA participará un ano máis na iniciativa local de limpeza do Parque Natural do Carreirón.

 

Máis información en http://www.ailladearousa.es/macrolimpeza-no-carreiron/

Ampliar nova

CONFERENCIA

03/04/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O luns, día 3 de abril, ás 10.00 horas, recibiremos unha visita denha delegación de produtores de ostra de Croacia.  Darán unha conferencia para o alumnado yeprofesorado de acuicultura sobre o cultivo de moluscos no seu país.

Ampliar nova

MARCHA LUCEIRO

18/03/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Luceiro, o lobo mariño cincento que dende o día 9 de febreiro atopábase no IGAFA recuperándose, partirá o sábado día 18 de marzo para ser devolto ao medio natural en augas de Irlanda.

Ampliar nova

SOLTA DE LUMBRIGANTES PARA A SÚA REPOBOACIÓN

10/03/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O día 10 de marzo, o alumnado de segundo ano do Ciclo Superior e do Ciclo Medio de Acuicultura do IGAFA liberou uns 400 lumbrigantes duns 6 centímetros nas costas da Illa de Arousa. Esta actividade, supervisada polos Servizos Veterinarios da Xunta de Galicia, espera contribuír ao incremento do stock de lumbrigante da Ría de Arousa e á posibilidade de aumentar nun futuro o número de reproductores da especie.

Ampliar nova

O IGAFA EN EDUGAL

15/02/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Os días 15, 16 e 17 de febreiro, o IGAFA instalará un stand informativo no VI Salón da Educación e da Formación de Galicia (EDUGAL), que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra. 

O centro participou tamén nas edicións de 2015 e 2016.

Ampliar nova

LUCEIRO XA ESTÁ NO IGAFA

09/02/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O lobo mariño Luceiro atópase dende hoxe nunha piscina exterior do IGAFA, para iniciar a súa última fase de recuperación antes de voltar ao medio natural en augas de Irlanda.

A súa lchegada foi aproveitada para que os técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA) impartiran unha charla sobre a recuperación destes animais.

Durante a súa estancia no noso centro, o alumnado e persoal voluntario encargarase dos labores de alimentación e seguimento da súa evolución, seguindo as directrices establecidas polos especialistas da CEMMA.

Ampliar nova

O IGAFA ACOLLERÁ Á FOCA LUCEIRO PARA A SÚA RECUPERACIÓN

08/02/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Como en anteriores ocasións, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) colabora coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na recuperación dunha cría de lobo mariño coa finalidade de reincorporala ao medio natural.

 

Ampliar nova

VISITA DIDÁCTICA A MALPICA E A CORUÑA

07/02/2017  -  Grupo de novas: Visitas didácticas

O martes, día 7 de febreiro, o alimnado de ciclo medio de acuicultura (1º y 2º años) realizará unha visita didáctica ao criadero de moluscos da empresa Ostreira, en Barizo-Malpica, e ao Aquarium Finisterrae de A Coruña.

Ampliar nova

VISITA DIDÁCTICA A GMA (MUROS)

07/02/2017  -  Grupo de novas: Visitas didácticas

O martes, día 7 de febreiro, o alumnado de segundo ano do Ciclo Superior de Acuicultura realizará un desprazamento a Muros para unha visita didáctica ás instalaciones da empresa Galician Marine Aquaculture GMA), que é a maior planta de cultivo de Abalón de Europa. Irán acompañados pola profesora Amparo Simón e o profesor Miguel Lastres.

Ampliar nova

INTERESANTE EXPOSICIÓN NA ILLA

04/02/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Éxodus: Na procura do refuxio

Ampliar nova

PROXECTO "CULTIVO EXPERIMENTAL DE PALMARIA PALMATA"

02/02/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O IGAFA acolle dende este día o proxecto de investigación "Cultivo experimental de Palmaria palmata", participando no seu desenvolvemto coa Universidade de Santiago de Compostela e as empresas ALGAMAR e Mar de Ardora.

Ampliar nova

PRÁCTICAS DE CAMPÁ HÚMIDA

18/01/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Nos seguintes enlaces podemos acceder a reportaxes sobre as prácticas do módulo de Inmersión desde campá húmida que o alumnado do ciclo medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas está a realizar en Ferrol:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/01/17/futuros-buzos-ensayan-campana-unica-norte-espana/00031484653016134644322.htm

http://www.crtvg.es/informativos/asistimos-a-un-simulacro-de-rescate-no-mar-en-ferrol

Ampliar nova

VISITA DIDÁCTICA AO CENTRO ICTIOXÉNICO DE CARBALLEDO

17/01/2017  -  Grupo de novas: Visitas didácticas

O vindeiro martes, día 17 de xaneiro, o alumnado de primeiro ano do Ciclo Superior de Acuicultura e do segundo ano del Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas realizará unha visita didáctica ao Centro Ictioxénico de Carballedo (Pontevedra), como formación complementaria dos módulos de Técnicas de produción de peixes, Técnicas de criadeiro de peixes e Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura Irán acompañados polo profesor Bernardo Fernández e a profesora Isabel Paz.

 

Ampliar nova

TALLER SOBRE ASPECTOS FORMATIVOS DA ACUICULTURA. MADRID.

12/01/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O xoves 12 de xaneiro, o profesor de cutivos acuícolas e vicedirector do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa, José Luis Rodríguez Villanueva, participará no "Taller sobre Aspectos Formativos de la Acuicultura" que se celebrará en Madrid, na Secretaría General de Pesca, organizado polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a Fundación Biodiversidad e o Observatorio Español de Acuicultura.

O obxecto do taller é actualizar a información sobre os aspectos relacionados cos programas formativos existentes e buscar sinerxias entre os distintos axentes diante das necesidades que existan entre o sector educativo e o empresarial, en relación coa potencialización do traballo en rede e o intercambio de experiencias e boas prácticas.

Ó profesor do IGAFA intervirá na segunda sesión do taller, que versa sobre o Traballo en Rede, cunha exposición titulada "Centro de formación: ejemplos y nuevos retos" na que falará da experiencia formativa do IGAFA desde a súa fundación, a evolución das ensinanzas regradas e non regradas ao longo dos case 25 anos de existencia do centro e os retos de futuro da formación en acuicultura.

Máis información: http://www.observatorio-acuicultura.es/comunicacion/agenda/taller-sobre-aspectos-formativos-en-acuicultura

 

Ampliar nova

CONFERENCIA "CANDO O PEIXE CHEGA EN BICICLETA..."

10/01/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O martes día 10 de xaneiro de 2017, entre as 10:00 e as 11:30 horas, Amagoia Olatz imparte unha conferencia destinada ao alumnado e profesorado de acuicultura, titulada "Cando o peixe chega en bicicleta...", sobre a súa participación nun proxecto de colaboración internacional en Senegal.

Máis información na noticia de prensa deste enlace: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/01/11/experiencia-acuicola-ayudar-desarrollo/1602530.html

Ampliar nova

PRÁCTICAS DE CAMPÁ HÚMIDA

09/01/2017  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O alumnado do ciclo medio de Técnico/a en Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas recibirá formación do módulo de Inmersión desde campá húmida no Porto Exterior de Ferrol, desde o 9 ao 21 de xaneiro de 2017, grazas á colaboración prestada pola Base Estratéxica de Salvamento Marítimo. Durante a súa estadía aloxaranse na Residencia da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, onde recibirán a primera parte de formación para a obtención do certificado de GMDSS.

Ampliar nova

GRAVACIÓN DUNHA REPORTAXE NO IGAFA PARA O PROGRAMA DE RTVE AGROESFERA

01/12/2016  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

O xoves, día 1 de decembro, un equipo da RTVE estivo no IGAFA gravando imaxes e realizando entrevistas para unha reportaxe sobre a formación en acuicultura do programa AGROESFERA. Ademais das instalacións de acuicultura, recolleron imaxes do alumnado facendo prácticas tanto de cultivos como de mergullo profesional.

Podemos ver o resultado en http://www.rtve.es/alacarta/videos/agrosfera/agrosfera-361/3819159/

Ampliar nova

PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MUNDO ACUÁTICO"

30/11/2016  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Resultado do concurso de fotografía "O mundo acuático":

1º Premio. Cristian Collazo

2º Premio. Erika González.

3º. Premio. Martín Santaclara.

10 mencións a: Isaac González, Marcos Cagiao, Francisco Bermúdez, Wilian Zubiría, Irene Bravo, Paula Ventoso, Albert Anais, Berto Barros, Jonatan Castro, Yavanna Mariño.

Premio á participación: Lucía Muelle, Juan Manuel Pego, Brais Pedrido, Manuel Martínez, Pablo Porta, Miguel Vilageliú, Andrea Sánchez, Cristina Oubiña.

Ampliar nova

ESTADÍA FORMATIVA NO IGAFA DE DOUS TÉCNICOS DE COLOMBIA

21/11/2016  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

Durante a semana do día 21 ao 25 de novembro de 2016, estarán formándose no IGAFA dous técnicos colombianos. A formación centrarase en técnicas de cultivo de moluscos, e inscríbese dentro do Programa de colaboración internacional "DIRENA: Proyecto de apoyo al diseño de un plan de mejora para el cultivo y la reproducción de piangua", que xestiona o CETMAR.

Máis información en http://www.cetmar.org/2016/11/cetmar-forma-a-tecnicos-colombianos-en-gestion-y-cultivo-de-bivalvos-dentro-de-un-proyecto-para-fortalecer-la-produccion-de-piangua-en-el-pacifico-narinense/

http://www.direna.org/expertos-locales-se-capacitan-en-espana/

Ampliar nova

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ACUICULTURA

17/11/2016  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

ACTOS

10:30-11:30 horas. CONFERENCIA: "CULTIVO DE MACROALGAS"(Javier Cremades, profesor da Universidade de A Coruña)

12:00-13:15 horas. CONFERENCIA: "SITUACIÓN DA EXPLOTACIÓN E CULTIVO DO OURIZO DE MAR"(J.L. Catoira, biólogo da Consellería do Mar)

13:15-14:30 horas. CONFERENCIA: "CULTIVO DE NOVAS ESPECIES DE BIVALVOS EN CRIADEIRO"(Dorotea Martínez Patiño, directora do CIMA-Ribadeo/Consellería do Mar)

 

16:00-17:30 horas. PROXECCIÓN DE VÍDEOS: "MAREAS ROJAS EN GALICIA" e "UN ESPECTADOR VULNERABLE"(Presentan: Jorge Hernández Urcera e Francisco Rodríguez)

17:30-18:30 horas. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "O MUNDO ACUÁTICO"

Ampliar nova

A CONSELLERÍA DO MAR PREPARARÁ NO IGAFA A FORMADORES EN ACUICULTURA

14/11/2016  -  Grupo de novas: Cursos

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa acollerá entre os días 14 de novembro e 2 de decembro un curso de formación de formadores en acuicultura.

En prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/11/21/mar-forma-veintena-personas-impartir-cursos-acuicultura/0003_201611G21P22992.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/11/21/mar-forma-igafa-20-personas/1574007.html

Ampliar nova

CONCURSO FOTOGRÁFICO

14/11/2016  -  Grupo de novas: Actualidade do IGAFA

BASES DA CONVOCATORIA: 

1. Poderá participar calquera alumno ou alumna que estea actualmente cursando estudos de formación regrada (ciclos formativos) no centro. 

2. Cada participante poderá presentar a concurso un máximo de tres (3) fotografías, en formato dixital, que entregará á Vicedirección do centro ou enviándoas ao enderezo de correo igafa@xunta.gal.

 3. O prazo de presentación de fotografías a concurso iniciarase o luns día 14 de novembro e rematará o venres 25 de novembro ás 14:30 horas.

 4. As fotografías a concurso, que se axustarán á temática de "o mundo acuático", imprimiranse e exporanse ao público a partir do luns día 28 de novembro.

 5. Constituirase un xurado formado por representantes dos distintos colectivos do centro, que será o encargado de seleccionar as dez (10) mellores fotografías, que se colgarán na páxina web do IGAFA. De entre elas, o xurado outorgará un 1º, un 2º e un 3º premio ás tres mellores.

 

 6. Os membros dos outros colectivos do IGAFA que non sexan do alumnado, poderán presentar ata un máximo de tres (3) fotografías fóra de concurso para a súa exposición pública.

Ampliar nova

Novas destacadas